jueves, 12 de septiembre de 2013

Ferrol, Vilalba e Viveiro acollerán a presentación do novo curso catequético 2013-2014


A delegación de Catequese convoca a sacerdotes, catequistas e profesores de Relixión á presentación do novo Curso Catequético 2013-2014 baixo o lema:
 
"CATEQUESE, FAMILIA E ESCOLA NA EDUCACIÓN DA FE"

baseado na proposta da Conferencia Episcopal Española: Orientaciones pastorales para la coordinación de la familia, la parroquia y la escuela en la transmisión de la fe (Madrid, 2013).
 
Renderemos tamén unha homenaxe ao CATECISMO DE LA IGLESIA CATÓLICA, aos vinte anos da súa publicación, rematando este ANO DA FE, coa participación de Xavier Romero i Galdeano, doctor en Catequética e delegado de Catequese da diocese de Solsona.

Aquí os lugares, datas e horarios das presentacións:
 
Ferrol: Venres 27 ás 18h. na Domus Ecclesiae.
Vilalba: Sábado 28 ás 11h. no Centro Parroquial.
Viveiro: Sábado 28 ás 18h. en Area.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario