miércoles, 28 de marzo de 2012

"Cos ramos nas mans"
Comentario ao Evanxeo do Domingo de Ramos




Cos ramos nas mans

Iniciamos esta  Web parroquial  empuñando nas nosas mans os ramallos do Domingo  de Ramos, e aclamando con eles  a Cristo Salvador. “Hosanna!”  Esta é a palabra que tratamos de gritar e de cantar...

Xesús é o gran protagonista.  Despois de vinteun séculos segue percorrendo as nosas rúas e as nosas aldeas.  Vai humildemente sentado nun burriño; pero vai tamén sementando os seus regalos e as súas gracias.

“Sementar sementarei louguiño de crarear…”  A sementeira que pregoa a nosa Web ten nesta Semana Santa a mellor primavera. A ver se ven un pouco máis de auga  para a nosa terra e para os nosos corazóns, a fin de que o trigo de Xesús se volva pan no próximo Xoves Santo.

Así poderemos seguir cantando “¡Hosanna! Bendito o que ven no nome do Señor”


sábado, 24 de marzo de 2012

Conferencias Coresmais en Vilalba

A última das conferencias programadas para esta coresma na Parroquia de Vilalba tivo lugar o venres 23 de Marzo. Esta vez a persoa encargada de impartila foi Luz María Pousa Ríos, diocesana con amplia experiencia no compromiso laical e que disertou sobre: A miña experiencia xuvenil e militante. Agradecemos a súa  presencia e a súa disponibilidade.





martes, 20 de marzo de 2012

En 2012, la Pascua será... en camino hacia Santiago


Dirixido a rapaces e rapazas de 16 anos en diante (ou que cumplan os 16 durante o ano 2012) dispostos a vivir dun xeito distinto estes días de vacacións.

Data límite de inscrición: 28 Marzo.

Custo: 50 Euros (comidas, aloxamento, materiais)
Pago 1: 25 Euros, antes do día 28 Marzo ó número de conta siguiente:
2091 - 0215 - 02 - 3040010475 (Caixa Galicia)

Pago 2: 25 Euros, o primero día do camiño.

(Existen axudas para quen non poida pagar esa cantidade; non deixes de vir por iso)

Agardámoste o 4 de abril en Baamonde xunto á Igrexa ás 12 horas. Non esquezas tamén traer bocadillo para a comida dese día. Se non tes medio de transporte para vir, pregunta no noso correo electrónico:

Conferencias Coresmais en Vilalba

O Venres día 16 de marzo tivo lugar a segunda das charlas programadas para esta coresma na parroquia de Vilalba. Foi impartida polo sacerdote D. Segundo L. Pérez López e o tema foi a vocación e o sacerdocio ministerial.



miércoles, 7 de marzo de 2012


A nosa Coresma...
Arciprestado da Terra Chá
Charlas na Coresma: Igrexa de Vilalba, 20 h.

·      9 marzo:  A miña vida coma cristián leigo,
 Roberto Hermida Granja
·      16 marzo: A vocación e o sacerdocio ministerial,
Segundo L. Pérez López
·      23 marzo: A miña experiencia xuvenil e militante,
Luz Mª Pousa

Celebración Penitencial: 30 marzo ás 19.30 h.
        Igrexa de Vilalba

viernes, 2 de marzo de 2012

Benvidos a NOVA SEMENTEIRA

Novo blog da Unidade Pastoral de Abadín-Vilalba-Xermade


Ola amigos:

Benvidos a Nova Sementeira. O blog da Unidade Pastoral de Abadín-Vilalba e Xermade. Con estas liñas queremos dárvo-la benvida a esta nova iniciativa da nosa Unidade Pastoral e que xa levaba tempo querendo saír.

O que pretendemos dende aquí é dar a coñece-la vida parroquial e pastoral das nosas comunidades chegando a tódolos lugares da nosa diocese,  aos fogares e, asimesmo, a outros puntos dende onde nos contacten. Tamén intentaremos ofrecer materiais e ir informando como dicimos da vida pastoral das nosas parroquias. Será tamén unha ventá aberta aos que vos queirades unir coas vosas suxerencias.

Que o Señor e a Virxe María nos axuden nesta nova andaina polos mundos informáticos.