Nestes días chamamos á porta de Deus, e pedimos con urxencia: “Mándanos o teu Espírito…” Estamos baleiros e apagados. Por iso precisamos un pouco de lume e de alento.
Son moitas as urxencias que vemos diante da nosa porta. O que nos apremia a rezar cada día: “Ven, Espírito Santo, dánolo teu amor”.
O Papa invítanos a entrar pola “Porta da fe” que nos introduce na nova cidade. E a través dela iremos tratando de abrir tamén as outras portas: a porta do ecumenismo- da solidariedade – da cultura – da familia – da xuventude…
Dicímoslle, pois, este Domingo: “Aquí nos tes, Espírito Santo. Axúdanos a abri-las portas da nova cidade”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario