Que é unha Parroquia?



É unha comunidade cristiá, un conxunto de persoas que viven a fe en Deus e en Xesucristo, formando parte da Igrexa.
            O lugar principal é a igrexa, onde os cristiáns se reúnen para celebra-la fe: lugar de oración, onde se celebra a Eucaristía e os sacramentos... Pero na parroquia tamén hai máis actividades: catequese, xuntanzas,...
            A parroquia non é algo aillado, senón que está en comunión coas parroquias veciñas (arciprestado) e forma parte dunha diocese.
            A comunidade parroquial está formada polas persoas que a integran, e todas son importantes porque son fillas de Deus polo bautismo e a fe. A parroquia non é o cura, anque estean para servir á comunidade; os auténticos protagonistas da comunidade son cantos a forman. Por iso hai homes e mulleres que participan na vida da parroquia, comprometidos nas actividades pastorais.