O Sacramento do Matrimonio



Ides casar?... Ides casar pola Igrexa?...

         A noticia dunha voda sempre é unha boa noticia. Non tódalas parellas casan, e non todas pola Igrexa. Un pode facelo noutra relixión ou confesión cristiá, de acordo coa súa fe. Tamén, se un non cre ou o da fe non o ten claro, existe a posibilidade de casar “polo civil” no Xulgado ou no Concello.

         O lóxico é que a unión matrimonial entre cristiáns, sexa “ante Deus” e “na Igrexa”. Por iso o matrimonio é máis cá un acto formal ou un contrato entre home/muller: é un sacramento.

         Se, pois, a vosa decisión é a de celebra-lo sacramento do matrimonio, a Igrexa pídevos dúas cousas:

* celebralo consciente e libremente. Para iso hai unha mínima preparación que consiste en ter uns encontros prematrimoniais:

+ para falar da realidade do matrimonio: faise en grupo, con outras parellas.
+ para reflexionar sobre este sacramento, tamén en grupo.

* preparar ben a celebración do voso casamento. Para iso, tendes que falar co sacerdote que presida a celebración e así ver cómo: na Misa ou sen ela; en galego ou castelán,...

         Este encontro é só con vós e quen preside a celebración.


  Este curso 2015 as datas dos encontros son:

07/3/2015 1º Encontro
21/3/2015 2º Encontro

11/4/2015 1º Encontro
18/4/2015 2º Encontro

09/5/2015 1º Encontro
23/5/2015 2º Encontro

06/6/2015 1º Encontro
20/6/2015 2º Encontro





Non esquezades aporta-la documentación precisa e face-lo expediente matrimonial, na parroquia onde vivides cada un, que acredite a vosa condición e capacidade para contraer “matrimonio canónico”.

Os documentos son:

+ Presenta-lo DNI.
+ Certificado de nacemento (do Rexistro civil).
+ Partida de bautismo:
  • se estades bautizados noutra parroquia distinta a onde ides casar,
  • se esa parroquia é doutra diocese, a partida ten que vir legalizada polo Bispado.
  • Se o expediente se fai nunha parroquia distinta a onde se celebra a voda ou noutra diocese, hai que face-lo “atestado matrimonial”
+ dous testigos.

+ DESCARGA AQUÍ a ficha de inscrición para os encontros.