martes, 3 de septiembre de 2013

Faleceu Pepe Apenela: Presidente da Fundación Hospital Asilo de Vilalba

Pepe Apenela co Bispo da diocese na Visita Pastoral ao Hospital Asilo
 
José Apenela, aínda que todo o mundo o coñecía como Pepe Apenela na capital chairega ata o punto de que así se chama unha rúa que leva o seu nome, faleceu esta mañá na Residencia de persoas maiores de Vilalba. A súa saúde era delicada nas últimas semanas, nas que incluso estivo hospitalizado.

A súa ampla presenza na vida social vilalbesa reflectiuse na presidencia do padroado da Fundación Hospital Asilo e na súa pertenza a outras entidades: así, foi concelleiro, directivo da asemblea local da Cruz Vermella ou impulsor da "Festa dos Pepes". Na residencia, xestionada polo padroado que el presidía, permanecerá instalada a capela ardente ata mañá. Os restos mortais serán trasladados á igrexa parroquial, onde se oficiará un funeral, e logo terá lugar o enterro.
 
+++
 
 DESCANSE NA PAZ DO SEÑOR
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario