Nova Publicación
Candia, historia e presente dunha parroquia rural
Manuel Regal Ledo
Un pobo, unha terra, unha fala
Así
canta a coñecida canción, e así reza o título da introducción do libro de
Manolo Regal Ledo sobre unha parroquia da nosa Unidade Pastoral: Candia.
Ven de publicar un libriño sobre a historia e presente
da parroquia de Candia, editado polo Servizo de Publicacións da Deputación de
Lugo; o seu título é: Candia. Historia e presente dunha parroquia
rural.
Nas súas páxinas un atopa a vida e o
quefacer dos veciños e veciñas de Candia desde as primeiras novas que se
coñecen, e que o autor estudou, ata a actualidade. É unha aproximación á
historia que a xente desta parroquia foi artellando e segue a facer, desenvolvendo unha maneira de traballar e
producir, unha maneira de vivir e convivir, unha maneira de falar, crear e
compartir cultura.
Sen dúbida é unha boa nova para os veciños
e veciñas desta parroquia, e para cantos formamos parte da Unidade Pastoral. Alegrámonos
con eles, e compartímo-la súa ledicia e orgullo por este libro. Ó seu autor, felicitámolo polo traballo
ben feito, que fai que o que un é non se esqueza, senón que desde a historia
trae ó presente canto estructura a vida e canto queda por andar. Gracias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario