a) Celebración da
fe. As celebracións son o centro da
vida cristiá, nas que a comunidade celebra a súa fe: a eucaristía do domingo,
os enterros, bautizos,... Xuntos loamos a Deus, dámoslle grazas, confiámoslle
as necesidades, ofrecémonos nós mesmos...
b) Formación
cristiá. A parroquia preocúpase de
transmiti-los contidos e vivencias da fe. Isto faise na catequese dos nenos e
mozos, na dos pais que van bautizar fillos, na dos noivos que van casar… e en
tods cantos se preocupan de saber máis sobre Xesús, o evanxeo,...
c) Servizo ós
demais. Os cristiáns fan actividades
de servizo ós demais, sobre todo ós pobres: Cáritas, visita ós enfermos, axuda
ó Terceiro mundo, asociacións,... desde a vontade de servizo desinteresado para
os demais.
A parroquia non é o edificio, nin un lugar... É unha comunidade de persoas que viven e
comparten a súa fe cristiá.
Tódolos bautizados
formamos parte da parroquia; todos somos membros da comunidade e témonos que
sentir partícipes e responsables dela.
A parroquia somos todos!!!