A nosa diocese está de noraboa. O diácono Javier de Rosende Roca, natural da Parroquia de San Vicenzo de Os Vilares (Guitiriz), vai ser ordenado sacerdote pola imposición de mans e oración consecratoria do Sr. Bispo o vindeiro sábado, 7 de Setembro de 2013 na S.I. Catedral Basílica de Mondoñedo.
Durante os últimos tempos, Javier, estivo desenvolvendo a súa tarefa pastoral na Unidade Pastoral de As Pontes-As Somozas e, ultimamente, na Parroquia de Santa Marta de Ortigueira.
Dende a Unidade Pastoral de Abadín-Vilalba-Xermade, transmitímoslle a nosa máis cordial noraboa e pedímoslle ao Señor que lle axude no seu novo ministerio sacerdotal.
NORABOA, JAVIER!!!!!!!!!
Podes ler unha entrevista no blog da Delegación de Pastoral Vocacional:
www.pastvocmf.blogspot.com
Podes ler unha entrevista no blog da Delegación de Pastoral Vocacional:
www.pastvocmf.blogspot.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario