Este xoves 28 de Novembro de 2013, tódolos sacerdotes diocesanos reuniranse no noso Centro Parroquial para abordar a implantación urxente das Unidades Pastorais na nosa Diocese. Tamén se compartirán experiencias de algunhas UPAS xa implantadas e estudarán posibilidades de novas UPAS para a súa implantación urxente.
”A Unidade de Pastoral é a unión estable de varias parroquias próximas, dentro do mesmo arciprestado (tamén nas urbes) encomendada polo bispo a un ou varios presbíteros, que traballarán nela xunto co equipo correspondente, como unha unidade de evanxelización. A súa finalidade é formar comunidades cristiás vivas, fraternas e orgánicas que permitan realizar as actividades apostólicas propias dunha pastoral misioneira en comuñón de carismas e en corresponsabilidade de todos os membros do Pobo de Deus”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario