sábado, 26 de enero de 2013

Mons. Sánchez Monge inicia a Visita Pastoral ao Arciprestado de Terrachá

 
 
 
O Bispo diocesano, Mons. Manuel Sánchez Monge, comeza a Visita Pastoral ao Arciprestado de Terrachá.
 
Farao mañá Domingo, día 27 de Xaneiro de 2013, empezando por visitar algunhas das parroquias que compoñen a Unidade Pastoral de Abadín-Vilalba-Xermade e concretamente as parroquias de: Santa María de Abadín, San Martiño de Lanzós, San Xoan de Castromaior e San Pedro de Candia. Posteriormente, o Luns 28 de Xaneiro, visitará as Relixiosas da Sagrada Familia de Burdeos, o C.E.I.P. Aquilino Iglesia Alvariño, o Concello de Abadín (onde se entrevistará co Sr. Alcalde), a parroquia de San Bartolomeu de Cabaneiro e a Capela da Fátima de Gontán.

Encomendamos a Deus a Visita Pastoral e tamén ao noso Bispo para que sexa enriquecedora e fructífera nas nosas comunidades cristiás.
 
BENVIDO D. MANUEL!!!!!!
 
 
"A visita pastoral é un dos modos, certamente singular, polo que o Bispo cultiva o encontro persoal co clero e demais fieis do pobo de Deus, para que os coñeza e dirixa, e os exhorte a unha vida de fe e de práctica cristiá, así como para que vexa de preto e valore na súa real eficacia as estruturas e instrumentos destinados ao seu servizo pastoral".
(Directorio para o Ministerio pastoral dos Bispos, n. 166).
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario