O pasado sábado 5 de maio, a Igrexa Parroquial de Santa María de Abadín, acolleu a celebración festiva na que un grupo de xóvenes procedentes das distintas parroquias da zona recibiron o sacramento da Confirmación.
Presidiu a celebración o Sr. Bispo da diocese, D. Manuel Sánchez Monge, que en todo momento se mostrou moi cercano aos xóvenes que se quixeron confirmar; tamén estiveron presentes os pais e padriños, os catequistas que os foron acompañando no camiño de preparación, os sacerdotes da Unidade e familiares, amigos, veciños... dos confirmandos. A Igrexa quedouse pequena para acoller a tan grande cantidade de xente.
A celebración foi preparada, con tódolos detalles, polos confirmandos e os seus catequistas.
Aquí deixamos constancia con algunhas fotografías.
FELICIDADES A TÓDOLOS CONFIRMANDOS!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario