viernes, 18 de mayo de 2012

Fotos e crónica da Peregrinación Mariana da Unidade Pastoral ao Santuario da Virxe do Remedios de Mondoñedo e Ribadeo

O 17 de Maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas e, coincidindo tamén co mes de Maio (Mes de María), dende a nosa Unidade Pastoral de Abadín-Vilalba e Xermade, aproveitamos para facer unha peregrinación mariana ao santuario da Virxe dos Remedios de Mondoñedo e unha visita ó pobo de Ribadeo. Foi un día espléndido tanto en xente que peregrinou coma no tempo que nos tocou.

Aquí unha pequena crónica da peregrinación:

Saímos ás 11:30h en dous autobuses de Vilalba, parando polo camiño para recoller ás persoas noutras parroquias da Unidade; chegamos en torno ás 12 da mañá ao Santuario da Virxe dos Remedios onde, antes da Eucaristía, D. Pedro (o párroco do santuario) nos explicou un pouquiño da historia do templo. Ás 12:30 tivémo-la Eucaristía onde participamos todos co noso corazón e os nosos cantos e onde lle pedimos á Virxe dos Remedios que nos axude na nosa vida de cristiáns. Ao remate da Eucaristía, D. Pedro, regalounos unha imaxe preciosa da Virxe dos Remedios para encadrar, da cal lle estamos moi agracecidos.

Ás 14:00h compartímo-la comida do Seminario Diocesano e logo fixemos unha pequena visita no mesmo antes de partir cara a Ribadeo.

As 16:00h aproximadamente, partimos para Ribadeo, onde visitámo-la Igrexa Parroquial, tivemos un pouquiño de tempo libre e, finalmente rematamos cunha oración mariana na Igrexa do Convento de Santa Clara ante Stmo. Sacramento exposto. Ao final, aqueles que quixeran puideron comprar das "ricas" pastas que elaboran as Madres Clarisas.

Finalmente, viñemos facendo unha pequena ruta turística pola preciosa ría de Ribadeo, explicada alegre e humorísticamente por un dos nosos curas, D. Antonio Valín, de onde é oriundo.

Aquí deixamos algunhas fotografías:













































No hay comentarios:

Publicar un comentario