Festa dos Maiores 2012
O Domingo día 6 de Maio, a partires das 16h, tivo lugar a xa tradicional Festa dos Maiores da zona de Abadín. Este ano tocoulle á Parroquia de Quende acoller esta festa que constou dunha misa celebrada por D. Uxío e na que tamén se impartiu o sacramento da Unción dos Enfermos. A continuación, foi o momento da celebración fraternal e festiva ao lado da igrexa con abundancia de alimentos para todos. Acompañounos tamén o grupo "Aires do Padornelo" de Mondoñedo que animaron calurosamente a festa.
Foi un día para compartir inquedanzas uns e outros e tamén para facer ver a vida dos nosos maiores, os cales nunca nos cansaremos de pagarlles o ben que eles nos fixeron e nos fan.
Aquí deixamos algunhas fotografías:
No hay comentarios:
Publicar un comentario