miércoles, 2 de mayo de 2012

Festa dos Maiores
Parroquia de Santiago de Quende
6 de Maio 2012


Festa dos Maiores

         Cada ano, a nosa Unidade Pastoral, recorda dun xeito especial ós nosos maiores celebrando unha festa. A eles, ós nosos maiores, debémoslles canto somos, o que nos fixo homes e mulleres de ben, o que nos achegou a Deus.
         Nesta ocasión, tócalle á parroquia de Santiago de Quende organiza-la festa. Vai se-lo día 6 maio a partires das 4 da tarde. Xuntarémonos na Igrexa para celebra-la Eucaristía xuntos. Nesta celebración aqueles que queiran recibi-lo sacramento da Unción de enfermos, poderán achegarse, para senti-la cercanía e a forza que Deus nos dá en momentos de debilidade. Logo da misa, compartiremos un ratiño de festa nunha carpa que imos ter a carón da Igrexa, con merenda e música.
         Ninguén pode faltar, pois é unha boa ocasión para facer máis familia e sentirnos máis irmáns.

No hay comentarios:

Publicar un comentario