Contade
as marabillas do Señor…
Nas
nosas oracións e celebracións cantamos moitas veces con estas palabras. Queren
ser unha loanza a Deus e un contaxiar a todos o que El suscita en nós: non
podemos deixar de canta-las súas marabillas.
Na tradición do pobo de Israel e na nosa Igrexa, un
xeito de canta-lo que Deus vai facendo connosco é co Libro dos Salmos. Nel,
recóllense diversos textos de distinto tipo cos que foron orando moitos homes e
mulleres ó longo da historia; cos que hoxe tamén, nós, oramos.
Acaba de
saír á rúa un libriño de Manolo Regal, Os
salmos hoxe. Versión oracional á luz do Evanxeo, que seguro nos pode axudar
a encararnos cos salmos, a orar con eles desde o transfondo querido por Xesús
de Nazaret. O libro está publicado na Editorial Sept e é un bo material para
nós, individualmente, e para as nosas comunidades. Con el, e cos salmos,
poderemos decir: “Ti es, Señor, a miña herdade, a miña sorte... só Ti e-lo meu
ben”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario