O pasado día 9 de Xuño de 2012, na Igrexa Parroquial de San Martiño de Lanzós, o Sr. Bispo da diocese, D. Manuel, confirmou un grupo de rapaces da parroquia de Lanzós e de outras cercanas.
Houbo un clima festivo moi bo e unha grande cercanía do Sr. Bispo aos xóvenes confirmandos; tamén estiveron presentes os pais e padriños, os catequistas que os foron acompañando no camiño de preparación, os sacerdotes da Unidade e familiares, amigos, veciños... dos confirmandos.
A celebración foi preparada, con tódolos detalles, polos confirmandos e os seus catequistas.
Aquí deixamos constancia con algunhas fotografías.
FELICIDADES AOS NOVOS CONFIRMANDOS!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario