Cantamos ¡Aleluia!
Comentario ao Evanxeo do Domingo de Pascua
Cantamos ¡Aleluia!
A partir da Vixilia Pascual volvemos a entonar con alegría: ¡Aleluia! ¡Aleluia! O Señor resucitou!” Sae a alegría por todolos camiños. E vemos cómo a auga, aínda que nos deixou sen procesións e festexos, volve a regar as nosas sequías e volve a ser a nosa compañeira benquerida.
Xesús aparece no medio de nós cantando o seu Aleluia. Procuremos, pois, sintonizarnos ben con El para que a Pascua sexa unha sinfonía de primavera. O noso Aleluia ten que resoar con toda a orquesta e con todo o corazón.
O amor é máis forte que a morte. Por iso o amor seguirá vivindo , e nós seguiremos cantando: ¡Feliz Pascua para a nosa Sementeira!
No hay comentarios:
Publicar un comentario