A organización de "Manos Unidas" de Vilalba, está promovendo una nova campaña con motivo da Xornada "UN MUNDO NUEVO, PROYECTO COMÚN", que se celebrará o vindeiro domingo día 9 de Febreiro.
Unha vez máis, a pesar do esforzo realizado nos últimos anos, hai aínda 842 millóns de persoas que pasan fame no mundo. É un escándalo que non podemos consentir.
O grupo parroquial de "Mans Unidas" fará una propaganda intensiva nas misas do domingo 9 de febrero e nas colectas propostas. O ano pasado conseguiu unha aportación de 980 €.
Tamén, como ben sendo xa habitual, está xa programado un Festival Solidario que se celebrará o sábado 8 de Marzo no Auditorio Municipal de Vilalba cun repertorio de artistas e cantantes coñecidos. Espérase así emular a recaudación do ano pasado, que sumou uns 2.223 €, entegados á organización nacional.
Que o Señor nos conceda a gracia de ver un mundo en que ninguén deba morrer de fame. "Un mundo novo, proxecto común".
No hay comentarios:
Publicar un comentario