D. Uxío xa é "chairego de honra". O sábado 17 de novembro, a casa da cultura de Vilalba quedouse pequena para acoller a tantas persoas que se achegaron a renderlle homenaxe a D. Uxío.
O acto foi moi emotivo e de grandes loubanzas á persoa de García Amor e supuxo unha expresión do agarimo e do recoñecemento con que a Chaira recompensa aos que, aínda non sendo nacidos nela, sementaron aquí os seus mellores froitos.
Tras recibi-la placa que recoñece esa distinción e un xantar con máis de 100 persoas, deu continuidade o programa. Non faltou tampouco a dimensión musical nesta xornada, xa que actuaron o dúo Mini e Mero e o gaiteiro Raúl Galego ademáis da Coral Polifónica Vilalbesa.

NORABOA D. UXÍO!!!!!!!!
(Aquí deixamos constancia do acto con unha presentación de fotografías)
No hay comentarios:
Publicar un comentario