sábado, 8 de septiembre de 2012

Vodas de Prata das monxas da Sagrada Familia de Burdeos en Abadín

 
Fai xa 25 anos que a monxas da Sagrada Familia de Burdeos iniciaron a súa vida na parroquia de Abadín, aproveitando e mellorando a antiga casa rectoral.

Dende alí conviven cos veciños das parroquias do entorno e animan a catequese e os servizos relixiosos e benéficos da zona.
 
Estes 25 anos, marcan unhas verdadeiras "Vodas de Prata" da comunidade das nosas monxas coas parroquias da Unidade Pastoral.
 
Así o celebraremos con unha Eucaristía festiva programada para o sábado día 8 de Setembro, na Igrexa Parroquial de Abadín.
 
Haberá tamén algunha que outra sorpresiña...!
 
¡¡¡ESTADES TODOS CONVIDADOS!!!


Páxina Web das relixiosas da Sagrada Familia de Burdeos:

http://www.sfb.pcn.net/?lang=es

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario