jueves, 25 de febrero de 2016

Festival Solidario MANS UNIDAS 2016. Vilalba, 27 de Febreiro.

Presentado por Martiño Maseda e María Xosé Lamas, terá lugar o sábado 27 de febreiro no auditorio municipal de Vilalba. Contará coa participación do grupo de danza moderna de Vilalba, o Dúo Estrelas, os magos Óscar Bello e Xosé Manuel Carballo e a rondalla 'Añoranzas'

Este ano, Manos Unidas Vilalba participa no proxecto “Desenvolvemento agropecuario e invernadoiros para un Centro de Recuperación Nutricional”, que se levará a cabo na localidade de Quezaltepeque, departamento de Chiquimula, en Guatemala, abranguendo máis de cen aldeas priorizadas segundo índices de desnutrición -que afecta sobre todo a familias indíxenas chortís, particularmente aos nenos, a petición da Asociación 'Paz y Bien', coa que Manos Unidas leva colaborado co financiamento de dous plans de Loita contra a Desnutrición.

O proxecto consiste na instalación de tres invernadoiros, sistemas de rego, unha pequena granxa avícola, un almacén para produtos agrícolas e unha planta autónoma de tratamento de augas. Ademais, este proxecto inclúe un Plan de Capacitación dirixido a formar setecentas vinte persoas en produción agropecuaria para que podan replicar nas súas parcelas e así garantir a seguridade alimentar das súas familias e asegurar a semente para futuras colleitas e o abastecemento do Centro de Recuperación Nutricional, polo que os beneficiarios superan as 2.800 persoas. Mans Unidas contribuirá con unha parte da construción das instalacións previstas, a Asociación 'Paz y Bien' realizará un importante aporte mediante sementes, abonos, etc., o persoal agropecuario e os gastos de funcionamento para levar a cabo a intervención cuxo importe total ascende a 34.000.

Mans Unidas Vilalba agradece o esforzo de todos e todas os/as que tiveron a ben ofrecer a súa colaboración nestes proxectos coa súa asistencia a este festival, coa colaboración desinteresada no caso dos artistas e coa axuda do Excmo. Concello de Vilalba, o Centro Dramático Vilabés e as empresas vilalbesas das que a continuación se fará mención. ¡Moitas grazas!

Participantes:

GRUPO DE DANZA MODERNA DE VILALBA
Formado por nenos e nenas dende os dous anos, o Grupo de Danza Moder na de Vilalba ten participado en diferentes mostras de danza tanto en España como en Portugal, así como no Concurso Nacional de Danza, no que aca dou varios premios nestes últimos anos. En Vilalba, actúa a miúdo, tanto en mostras ou festivais propios, como en colaboración con outras institucións ou asociacións que Ile lo solicitan e sempre facendo as delicias do público.

DÚO ESTRELLAS
O Dúo Estrellas, formado polos irmáns Ana e David Fanego, nace o 24 de novembro de 2012, realizando a súa primeira actuación en San Xoán de Alba (Vilalba) entre nervios e moita ilusión. Pasodobres, cumbias, merengues, rancheiras, pop e bachatas escoitáronse naquela actuación, estilos que logo se foron ampliando. O obxectivo era que o público bailase e o pasase ben, e debérono conseguir pois dende entón o ritmo de actuacións foi medrando de forma imparable. Máis adiante, ambos representaron á Terra Chá no concurso Recantos do programa Luar; primeiro David, no 2013, e despois Ana no ano seguinte, acadando os dous boas posicións, o cal os fixo máis coñecidos a nivel autonómico, e incluso un pouco tamén fóra das fronteiras galegas, pois chegaron a actuar no Centro Galego de Santa Coloma de Gra manet (Barcelona). A día de hoxe seguen a traballar duro para mellorar, tanto a nivel artístico como técnico, para ofrecerlle o mellor ao público, se xa da idade que sexa.

ÓSCAR BELLO
Informático e Ilusionista. Na súa aínda curta traxectoria leva percorrida a Terra Chá por enteiro, como dicía na súa Penélope o poeta Díaz Castro, dende Parga a Pastoriza, actuando en Vilalba, Mondoñedo, Pastoriza, Castro de Rei, Guitiriz,... e nas dúas galas de Terra Chá Máxica celebradas en Castro Ribeiras do Lea. Os seus espectáculos con maxia de cartas, pombas e prendas lémbrannos os dos magos de máis sona e, por suposto, os do seu mestre X. M. Carballo.O nome do espectáculo co que hoxe nos agasalla é Ilusionarme.

XOSÉ MANUEL CARBALLO
Cura rural, escritor, ilusionista, humorista, animador cultural e social.., e unha morea de cousas máis. Ao seu labor sacerdotal hai que engadir o docente como profesor de relixión e colaborador en todo tipo de actividades culturais. Como escritor, é dramaturgo, narrador, autor de obras de carác ter relixioso e colaborador en diversos medios de difusión (radio, prensa e tv),nos que utilizou sempre o galego como lingua de comunicación. Realizou en torno a catto mil actuacións de maxia e ilusionismo por toda Galicia e fóra dela. Ademais é animador e mestre de magos e padriño do Colectivo Mágico Waldemar de Lugo. Hoxe, como cada ano, encherá de pombas as nosas meniñas!

RONDALLA AÑORANZAS
A Rondalla Añoranzas naceu no barrio de Esteiro de Ferrol en marzo de 144 de mans dun grupo de amantes da música co fin de roldar ás mozas ferrolás na véspera de San Xosé, na chamada Noite das Pepitas. Despois de diferentes etapas con maior e menor actividade, rexorde con forza no ano 83 e van dende entón trinta edicións consecutivas da Noite das Pepitas, participación en programas de WG e TVE en Galicia, FITUR 2008, Fiesta del Bollo de Avilés, actuación conxunta coa Banda da Casa Real, festivais de Habaneiras no Carballiño, en Narón, e un longo etc. E todo iso con un obxectivo Que non desapareza do patrimonio cultural a canción ferrolá.

Colaboran tamén:
IMPRENTA JUNOR - QUEIXERÍAS ENTREPINARES - EMBUTIDOS www.elote.es - PANADERÍA VILLALBESA - XAMÓNS E PANADERÍA MARTIÑÁN - PASTELERÍA BEN - REPRESENTACIONES CABARCOS S.L. - CARNICERÍA JOSÉ MANUEL - ESTRELLA GALICIA - BODEGAS BAAMONDE

No hay comentarios:

Publicar un comentario