viernes, 11 de diciembre de 2015

OPERACIÓN QUILO 2015 en Vilalba!!!

Un ano máis o equipo de Cáritas Parroquial de Vilalba está organizando a tradicional campaña de Nadal co lema 'Operación Quilo'. Trátase de recoller nas tendas e comercios de Vilalba os alimentos e productos que a xente vaia deixando nas caixas alí dispostas para este fin.

Tamén se agradecen as donacións que os propios comercios queiran ofrecer xenerosamente. Nestes días os membos de Cáritas van repartindo as caixas e carteis da 'Operación Quilo' polos comercios e supermercados que as acepten.

A entrega dos productos recollidos farase os días 21 e 22 de decembro nos locais da Casa parroquial.

UN NADAL MÁIS SOLIDARIO É O MELLOR "NADAL" QUE PODEMOS OFRECER !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario