sábado, 6 de abril de 2013

Misa-Homenaxe en Vilalba a Mons. D. Uxío García Amor con motivo das súas Vodas de Diamante sacerdotais


Este sábado, 6 de abril de 2013 ás 20:00 horas, na Igrexa Parroquial Santa María de Vilalba, terá lugar unha Eucarístía-Homenaxe a Mons. Uxío García Amor, sacerdote da nosa Unidade, con motivo das súas Vodas de Diamante Sacerdotais (60 anos de sacerdocio).

Mons. Uxío García Amor naceu na Parroquia de San Xiao de Sante (Trabada) o 7 de novembro de 1928. Ingresou no Seminario de Mondoñedo no ano 1940. Ao comezo do curso 1945-1946 foi destinado a Roma para realizar os seus estudos de Filosofía e Teoloxía na Universidade Gregoriana e no Instituto Pontificio Bíblico Romano.
Exerceu de Profesor de Sagrada Escritura no Seminario de Mondoñedo, e outras disciplinas, ademáis de Mestre de Capela da Catedral mindoniense, Director da Schola Cantorum, Secretario de Estudos e Vicereitor do Seminario.
Foi tamén Director do Orfeón de Obreros Católicos de Mondoñedo.
Foi nomeado Secretario Chanceler do Bispado, Cóengo da Catedral de Mondoñedo e Delegado Diocesano de Liturxia.
Na Sé Vacante é nomeado Administrador Diocesano e logo Vicario Xeral da Diocese. Logo pasa a ser Delegado do Clero e Párroco-Moderador do Equipo Sacerdotal de As Pontes.
Na actualidade é membro da Unidade Pastoral de Abadín-Vilalba-Xermade.
Director da Coral Polifónica de Vilalba.
O 23 de Setembro de 2011 foi nomeado Prelado de Honra da Súa Santidade polo Papa Benedicto XVI.
 
 
FELICIDADES D. UXÍO!!!!!!!!!!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario