"Cos ramos nas mans"
Comentario ao Evanxeo do Domingo de Ramos
Cos ramos nas mans
Iniciamos esta Web parroquial empuñando nas nosas mans os ramallos do Domingo de Ramos, e aclamando con eles a Cristo Salvador. “Hosanna!” Esta é a palabra que tratamos de gritar e de cantar...
Xesús é o gran protagonista. Despois de vinteun séculos segue percorrendo as nosas rúas e as nosas aldeas. Vai humildemente sentado nun burriño; pero vai tamén sementando os seus regalos e as súas gracias.
“Sementar sementarei louguiño de crarear…” A sementeira que pregoa a nosa Web ten nesta Semana Santa a mellor primavera. A ver se ven un pouco máis de auga para a nosa terra e para os nosos corazóns, a fin de que o trigo de Xesús se volva pan no próximo Xoves Santo.
Así poderemos seguir cantando “¡Hosanna! Bendito o que ven no nome do Señor”
No hay comentarios:
Publicar un comentario