viernes, 18 de julio de 2014

10.000 visitas ao blog da Unidade. GRACIÑAS pola vosa fidelidade !!!


O día 2 de marzo do 2012, iniciaba a súa andaina na rede este blog da Unidade Pastoral de Abadín-Vilalba-Xermade. Como dicíamos na presentación aquel día, pretendíamos, dende aquí, poder chegar a tódolos lugares da diocese e outros puntos ofrecendo noticias, materiais e acontecementos relacionados coa vida das nosas comunidades e tamén coa vida da Igrexa. Asimesmo, quería ser unha ventá aberta para tódolos que quixérades unirvos coas vosas suxerencias, propostas e comentarios ao blog.

Intentamos que se cumprisen estes obxectivos e, como podedes ver no contador que hai ao final da páxina, alcanzamos e superamos as 10.000 visitas grazas á vosa fidelidade. Se non fora por vós, isto non se faría realidade.

Por iso, hoxe, a todos cantos nos visitastes desde aquela, aos que nos visitan diariamente, aos que nos descubriron fai pouco e aos que nos descubrirán aínda, non nos queda máis que dicir:

MOITAS GRAZAS !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario