
É unha comunidade cristiá, un conxunto de persoas que viven a fe en Deus e en Xesucristo, formando parte da Igrexa.
O lugar principal é a igrexa, onde
os cristiáns se reúnen para celebra-la fe: lugar de oración, onde se celebra a
Eucaristía e os sacramentos... Pero na parroquia tamén hai máis actividades:
catequese, xuntanzas,...
A parroquia non é algo aillado,
senón que está en comunión coas parroquias veciñas (arciprestado) e forma parte
dunha diocese.
A comunidade parroquial está formada
polas persoas que a integran, e todas son importantes porque son fillas de Deus
polo bautismo e a fe. A parroquia non é o cura, anque estean para servir á
comunidade; os auténticos protagonistas da comunidade son cantos a forman. Por
iso hai homes e mulleres que participan na vida da parroquia, comprometidos nas
actividades pastorais.