Mostrando entradas con la etiqueta Comentarios Evanxélicos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Comentarios Evanxélicos. Mostrar todas las entradas

martes, 29 de mayo de 2012

Comentario Evanxélico para o Domingo de Pentecostés




Manda o teu Espírito

            Nestes días chamamos á porta de Deus, e pedimos con urxencia: “Mándanos o teu Espírito…”  Estamos baleiros e apagados. Por iso precisamos un pouco de lume e de  alento.
            Son moitas as urxencias que vemos diante da nosa porta.  O que nos apremia a  rezar cada día: “Ven, Espírito Santo,  dánolo teu amor”.
           O Papa invítanos a entrar pola “Porta da fe” que nos introduce na nova cidade. E a través dela iremos tratando de abrir tamén as outras portas: a porta do ecumenismo- da solidariedade – da cultura – da familia – da xuventude…
            Dicímoslle, pois, este Domingo: “Aquí nos tes, Espírito Santo. Axúdanos a abri-las portas da nova cidade”. 


sábado, 21 de abril de 2012


Recoñeceron a Xesús no parti-lo pan
Domingo III de Pascua



 
Recoñeceron a Xesús no parti-lo pan

            Xesús tiña un signo especial: sabía parti-lo pan. Era o modo de presentarse e de deixarse recoñecer.  Seguimos proclamando esa gran verdade neste tempo de Pascua, en que tantas veces facemos que a “fracción do Pan” sexa o noso sinal de identidade. “Te conocimos, Señor, al partir el Pan…”

            Pero hai que completar a experiencia e o compromiso: “Tú nos conoces, Señor, al partir el pan”. O Pan -con maiúscula- e o pan –con minúscula- teñen que compartirse e complementarse. A ver cómo o recoñecemos a El  e nos deixamos recoñecer no camiño de Emaús.


lunes, 9 de abril de 2012


Cantamos ¡Aleluia!
Comentario ao Evanxeo do Domingo de Pascua




Cantamos ¡Aleluia!

A partir da Vixilia Pascual volvemos a entonar con alegría: ¡Aleluia! ¡Aleluia! O Señor resucitou!” Sae a alegría por todolos camiños. E vemos cómo a auga, aínda que nos deixou sen procesións e festexos, volve a regar as nosas sequías e volve a ser a nosa compañeira benquerida.

          Xesús aparece no medio de nós cantando o seu Aleluia. Procuremos, pois, sintonizarnos ben con El para que a Pascua sexa unha sinfonía de primavera. O noso Aleluia ten que resoar con toda a orquesta e con todo o corazón.

           O amor é máis forte que a morte. Por iso o amor seguirá vivindo , e nós seguiremos cantando: ¡Feliz Pascua para a nosa Sementeira!

miércoles, 28 de marzo de 2012

"Cos ramos nas mans"
Comentario ao Evanxeo do Domingo de Ramos




Cos ramos nas mans

Iniciamos esta  Web parroquial  empuñando nas nosas mans os ramallos do Domingo  de Ramos, e aclamando con eles  a Cristo Salvador. “Hosanna!”  Esta é a palabra que tratamos de gritar e de cantar...

Xesús é o gran protagonista.  Despois de vinteun séculos segue percorrendo as nosas rúas e as nosas aldeas.  Vai humildemente sentado nun burriño; pero vai tamén sementando os seus regalos e as súas gracias.

“Sementar sementarei louguiño de crarear…”  A sementeira que pregoa a nosa Web ten nesta Semana Santa a mellor primavera. A ver se ven un pouco máis de auga  para a nosa terra e para os nosos corazóns, a fin de que o trigo de Xesús se volva pan no próximo Xoves Santo.

Así poderemos seguir cantando “¡Hosanna! Bendito o que ven no nome do Señor”